Sunday 19 de May de 2024

O voluntariado de Oleiros organiza proxeccións de temática medioambiental


O programa “Eco-Cine” organizado polo Voluntariado de Oleiros cuxo obxectivo é a proxección de películas e documentais sobre o coidado da natureza e o planeta comeza este domingo 22 de outubro na casa do pobo de Nós. Esta actividade terá lugar o terceiro domingo de cada mes, para amosar á cidadanía como coidar do noso planeta e da natureza.

O domingo 22 de outubro ás 18:00 horas proxectarase na Casa do Pobo de Nós “Volando juntos”; unha película baseada nunha cativadora historia real sobre un pai e un fillo, que se embarcaron nunha perigosa viaxe, chea de aventuras, para salvar unha especie en extinción. O filme está recomendado para maiores de 7 anos e terá unha duración de 1 hora e 53 minutos. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.